Estamos maiormente centrados nas interaccións entre as especies invasoras e o seu novo ambiente, con implicacións no control e na restauración, con especial interese nas estratexias ecofisiolóxicas que lles permiten competir en diferentes tipos d eecosistemas, entre elas a alelopatía. Tamén estamos interesados nas consecuencias das invasións vexetais sobre a composición físico-química e a comunidade microbiana dos solos invadidos.
Unha parte importante dos intereses científicos de este grupo multidisciplinar céntrase nas invasións biolóxicas en ecosistemas costeiros e na súa interacción co cambio climático, dende o individuo ata nivel de comunidade. Do mesmo xeito, parte da nosa investigación céntrase tamén no estudio da diversidade das comunidades marinas e como a identidade das especies determina a resposta das comunidades a diversos axentes de estrés.
Dedicado ó estudio da ecoloxía e evolución das interaccións entre especies, con especial énfase nos procesos de polinización, dispersión de sementes, así como no estudio dos mecanismos e consecuencias das invasións biolóxicas. Ademáis, o noso grupo promove a divulgación do impacto das especies invasoras en sectores da poboación non científicos.
O grupo de investigación BioCost (UDC) presenta dúas principales liñas de traballo dentro da rede ASN: (i) determina-la importancia da integración clonal no éxito invasor dalgunhas especies vexetais, incluindo o estudio de mecanismos de evolución adaptativa durante os procesos de invasión; (ii) incrementar cuantitativa e cualitativamente o coñecemento do componente alóctono da flora bentónica mariña atlántica peninsular e das súas repercusións sobre a flora e a vexetación autóctona.
Radicado na Universidade de Santiago, contamos cun equipo interdisciplinar centrando as nosas liás de investigación principalmente na biomonitorización e evaluación da calidade ambiental mediante diferentes procesos. De maneira complementaria, estudiamos a resposta ecofisiolóxica das especies vexetais, principalmente as clonais, a diferentes variables medioambientais, como os estreses bióticos e abióticos nun contexto de cambio climático.